Introdución


Creado coma un instrumento de xestión da información e análise das condicións de traballo e os seus efectos sobre a seguridade e saúde laboral da poboación traballadora galega, recolle, e analiza os indicadores preventivos de maior relevancia, co obxecto de transformar a información en coñecemento, que apoie a toma de decisións en materia de prevención de riscos laborais e condicións de traballo, tanto no eido técnico-científico coma no social para orientar políticas na materia.

Obxectivos:

  • Seguimento integrado da prevención de riscos laborais.
  • Elaborar e publicar as estatísticas periódicas sobre sinistralidade.
  • Investigación e impacto dos programas públicos en prevención de riscos laborais.
  • Estruturar, manter, xestionar e difundir a información obtida.
  • Levar a cabo análises dos riscos laborais dende unha perspectiva de xénero e en relación con colectivos de traballadores especialmente sensíbeis.

A través do Observatorio Galego de condicións de traballo dáse resposta ao establecido na Estratexia Galega de seguridade e saúde no traballo 2016-2020, principalmente co obxectivo 4, liña 4.1, medida 4.1 e); obxectivo 4, liña 4.1, medida 4.1 g); obxectivo 4, liña 4.2, medida 4.2 a); obxectivo 4, liña 4.2, medida 4.2 b); obxectivo 5, liña 5.1, medida 5.1 a) da estratexia.

Estudos

Sinistralidade do persoal traballador por conta propia ou autónomo


Neste informe preséntanse os datos dos accidentes sufridos por traballadores por conta propia coas continxencias profesionais cubertas entre os anos 2009 e 2016 inclusive, sendo os datos deste último ano provisionais dado a data de extracción dos mesmos.

Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017


Para coñecer esta nova realidade do tecido empresarial galego o ISSGA pon en marcha esta nova enquisa, coa que procura coñecer como organizan hoxe as empresas a prevención de riscos laborais, cales son as actuais condicións de traballo e como xestionan os riscos psicosociais e a promoción da saúde no entorno laboral.


As  enquisas que se presentan están orientadas a estudar e avaliar as condicións de traballo e a xestión da prevención nas empresas galegas, escollendo como poboación de referencia o conxunto dos traballadores, ás empresas ou mesmo empresas localizadas en polígonos industriais.