Introdución

Recolle as monografías adicadas á prevención de riscos laborais en sectores específicos e outros estudos técnicos.

Monografías e Estudos técnicos

Estudo dos accidentes laborais non traumáticos


Considéranse accidentes non traumáticos, aqueles acontecidos sen axente físico externo que cause lesións ao traballador. Son os infartos, derramos e outros accidentes que aínda que non teñen un mecanismo externo de produción, poden estar ligados ás condicións de traballo e, en todo caso, teñen a cualificación de accidentes de traballo ao producirse durante o desempeño deste.

Análise da sinistralidade en sectores feminizados - 2011


Este estudo pretende abordar a parte correspondente ás características dos accidentes laborais e as súas diferenzas segundo o sexo.

Informe sobre o programa de protección das traballadoras embarazadas - 2011-2012


No artigo 4º i) da Lei 14/2007, pola que se crea e regula o ISSGA, menciónase entre as funcións atribuídas ao Instituto: estudar e vixiar as condicións de traballo que poidan resultar nocivas ou insalubres durante os períodos de embarazo e lactación da muller  traballadora, para acomodar no caso necesario a súa actividade laboral a un traballo compatible durante os períodos referidos.

Sobre esta base susténtase o Programa de protección das traballadoras embarazadas (PPE), que xorde e continua nos plans de actividades 2011 e 2012, e que a súa vez se engloba dentro dos plans e programas de redución, é dicir, aqueles que conforman as actuacións de investigación, asesoramento e asistencia programadas por sectores ou fronte a riscos determinados, en función do seu estado de situación e da súa evolución, polo que a filosofía é que teñan un carácter temporal limitado (anuais ou bienais), co obxecto de podelos reformular periodicamente.