Informe sobre o programa de protección das traballadoras embarazadas - 2011-2012


O plans anuais de actividades do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral  (ISSGA) debuxan as principais liñas de traballo e actuacións técnicas deste cara o seguinte ano, dentro da liña de continuidade marcada polo cumprimento dos fins e funcións que a este organismo lle atribúe a Lei 14/2007, pola que se crea e regula.

No artigo 4º i) da citada lei menciónase entre as funcións atribuídas ao Instituto: estudar e vixiar as condicións de traballo que poidan resultar nocivas ou insalubres durante os períodos de embarazo e lactación da muller  traballadora, para acomodar no caso necesario a súa actividade laboral a un traballo compatible durante os períodos referidos.

Sobre esta base susténtase o Programa de protección das traballadoras embarazadas (PPE), que xorde e continua nos plans de actividades 2011 e 2012, e que a súa vez se engloba dentro dos plans e programas de redución, é dicir, aqueles que conforman as actuacións de investigación, asesoramento e asistencia programadas por sectores ou fronte a riscos determinados, en función do seu estado de situación e da súa evolución, polo que a filosofía é que teñan un carácter temporal limitado (anuais ou bienais), co obxecto de podelos reformular periodicamente.