Caracterización da exposición a polvo de sílice e a ruído nos postos de traballo do sector da lousa na provincia de Lugo


Este traballo, estuda as condicións hixiénicas do sector, valorando, por posto de traballo, a exposición a ruído e pó de sílice libre cristalina dos 233 traballadores empregados nos 13 centros de traballo da provincia, e analizando as medidas preventivas adoptadas polas empresas, co obxectivo de establecer recomendacións para a mellora das súas condicións de traballo, tanto no que se refire ás medidas técnicas de redución e de control dos riscos, como á dotación das instalacións e, finalmente a outras medidas de xestión.

Foi presentado polo ISSGA no 10º Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais (ORP 2012) que se celebra os días 23, 24 e 25 de Maio de 2012 en Bilbao, organizado polo Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laboral (OSALAN).