Sinistralidade do persoal traballador por conta propia ou autónomo


Neste informe preséntanse os datos dos accidentes sufridos por traballadores por conta propia coas continxencias profesionais cubertas entre os anos 2009 e 2016 inclusive, sendo os datos deste último ano provisionais dado a data de extracción dos mesmos.

A porcentaxe de traballadores afiliados no Réxime especial de Autónomos coa continxencia de accidente de traballo e enfermidade profesional cuberta en 2016 en Galicia é de 22,3 % (elaboración: ISSGA) e en España dun 18,8 % (elaboración: INSSBT).
 

Os accidentes contabilízanse no ano da data de baixa, sendo a orixe dos mesmos unha extracción de datos con data de 01/02/2017 da aplicación propia do Issga para o tratamento de datos de sinistralidade laboral.

Nos traballadores por conta propia cóntanse os traballadores que cotizan no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) e os traballadores por conta propia do Réxime Especial de Traballadores do Mar. Os traballadores por conta propia cotizantes deste último réxime supoñen case a totalidade dos traballadores por conta propia do sector da pesca, sendo moi poucos deles que traballan fóra deste sector, polo que no cálculo dos índices de incidencia a desviación que se
produce é insignificante. Isto permite ademais afirmar que a incidencia sectorial nos demais sectores de actividade está referida aos cotizantes do RETA.


A poboación afiliada cotizante utilizada no cálculo do os índices de incidencia corresponde á media anual de traballadores por conta propia nos réximes en que están integrados, sendo estes índices o cociente entre os accidentes e os afiliados e referido a 100.000 cotizantes.


Tendo en conta os datos de incidencia de accidentes dos traballadores autónomos non se pode descartar unha infradeclaración dos mesmos, sendo esta circunstancia extraordinariamente difícil de comprobar, tendo en conta ademais que o persoal traballador por conta propia do RETA non ten, en xeral, a obriga cotizar as continxencias profesionais.


Inclúese ao final deste estudo unha adenda cos datos máis relevantes da accidentabilidade do persoal traballador por conta propia.