Transparencia
1.- Información básica
Sede central:
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)
Edificio Igape-Issga - 3ª planta
Complexo Administrativo de San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: issga@xunta.es
Teléfono: 981 544 625
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9 a 14 h
Centro territorial da Coruña
Rúa Doutor Camilo Veiras, nº 8
15006 A Coruña
Correo electrónico: issga.coruna@xunta.es
Teléfono: 981 182 329
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9 a 14 h
Centro territorial de Lugo
Ronda de Fingoi, nº 170
27071 Lugo
Correo electrónico: issga.lugo@xunta.es
Teléfono: 982 294 300
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9 a 14 h
Centro territorial de Ourense
Rúa de Villaamil e Castro, s/n
32872 Ourense
Correo electrónico: issga.ourense@xunta.es
Teléfono: 988 386 395
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9 a 14 h
Centro territorial de Pontevedra
Camiño Coto do Coello, nº 2
36812 Rande – Redondela (Pontevedra)
Correo electrónico: issga.pontevedra@xunta.es
Teléfono: 886 218 100
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9 a 14 h
2.- Normativa vixente
3.- Funcións e competencias
Obxecto:
O obxecto do ISSGA é a xestión e a coordinación das políticas que nas materias de seguridade e saúde laboral establezan os poderes públicos da Comunidade Autónoma, para a mellora das condicións de traballo co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo.
Finalidades xerais:
- Desenvolver accións de información, divulgación e formación, en materia preventiva.
- Realizar o asesoramento e o control das accións técnico-preventivas, sen prexuízo das competencias da Inspección de Traballo e Seguridade Social, dirixidas á diminución dos riscos laborais, dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais que se realicen nas empresas para elevar a protección da seguridade e a saúde das persoas traballadoras.
- Prestarlles ás empresas, con especial atención ás pequenas e medianas empresas, ás traballadoras e traballadores, ás administracións públicas, aos sindicatos, ás asociación empresariais e aos demais axentes económicos e sociais asesoramento e asistencia técnica para o mellor cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
- Realizar o seguimento, coordinar e promover a colaboración de accións en materia de prevención de riscos laborais dos diferentes departamentos da Administración autonómica, así como con aqueles organismos doutras comunidades autónomas, estatais e internacionais orientados aos mesmos fins.
- Fomentar a prevención de riscos laborais a través do seu tratamento como materia horizontal no ensino regrado e non regrado.
Funcións:
- Analizar, investigar e avaliar as causas e os factores determinantes dos riscos laborais, dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais, abordar o seu estudo preventivo e propor, de ser o caso, medidas correctoras.
- Coñecer, tratar, elaborar e difundir os informes e os datos estatísticos sobre sinistralidade laboral e condicións de traballo.
- Elaborar, promover e desenvolver programas de investigación sobre métodos e técnicas de seguridade e saúde no traballo.
- Promover a efectividade do principio de igualdade entre homes e mulleres, considerando as variables relacionadas co sexo na estatística, o estudo e a investigación dos riscos laborais, co obxecto de detectar e de previr as posibles situacións en que os danos derivados do traballo poidan aparecer vinculados co sexo das persoas traballadoras.
- Asesorar tecnicamente para a elaboración e a reforma da normativa en materia de seguridade e saúde no traballo e mais elaborar recomendacións sobre condicións de traballo dos grupos especiais de risco.
- Prestarlles colaboración, asesoramento técnico e coordinación á autoridade laboral, á Inspección de Traballo e Seguridade Social e mais ás autoridades xudiciais e ás institucións públicas que o demanden.
- Efectuar plans e cursos de formación e accións informativas en relación coa seguridade e a saúde laboral.
- Apoiar e promover as actividades desenvolvidas polo empresariado e persoal traballador e as súas respectivas organizacións representativas, en prol da mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, da investigación e o fomento de novas formas de protección e mais da promoción de estruturas eficaces de prevención.
- Estudar e vixiar as condicións de traballo que poidan resultar nocivas, insalubres e/ou perigosas para as mulleres traballadoras durante os períodos de embarazo e lactación, para os menores e para os traballadores e traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos, para acomodar no caso necesario a súa actividade laboral a un traballo compatible coa súa específica situación de saúde.
- Programar e realizar controis xerais e sectoriais sobre as condicións de seguridade e saúde laboral nas empresas, coa prestación a estas e aos representantes legais dos/as traballadores/as do asesoramento pertinente e a comunicación das correccións necesarias.
- Efectuar estudos, informes e asesoramento técnico sobre postos, locais e centros de traballo, materias primas e produtos intermedios e finais, na medida en que poidan supor riscos para a saúde das traballadoras e dos traballadores.
- Asesorar e avaliar o funcionamento dos órganos técnicos das empresas en materia de seguridade e saúde laboral.
- Efectuar os informes técnicos para a acreditación ou a autorización dos servizos de prevención alleos, entidades formativas e persoas ou entidades especializadas para levar a cabo auditorías ou avaliacións dos sistemas de prevención, agás nas materias que son competencia da Administración sanitaria, e o seguimento das súas actuacións, coa comunicación á autoridade laboral das desviacións observadas.
- Participar na vixilancia epidemiolóxica da saúde laboral en coordinación coa autoridade sanitaria no ámbito estratéxico e operativo e mais, de ser o caso, elaborar coa autoridade sanitaria un mapa de riscos laborais que sirva de instrumento para planificar a debida política de prevención.
- Prestarlle á Administración sanitaria asesoramento e asistencia técnica na autorización e na verificación do mantemento das condicións da autorización sanitaria dos Servizos de prevención propios e alleos e mais na avaliación da súa actividade sanitaria.
- Colaborar coa consellaría competente en materia de seguridade industrial e mineira no que poida afectar a seguridade e a saúde do persoal traballador.
- Colaborar coa autoridade educativa, as universidades e os centros de investigación para implantar en todos os ciclos e niveis formativos programas educativos de prevención de riscos laborais.
- Colaborar e cooperar en materia de prevención de riscos laborais con outras dministracións públicas e entidades públicas e privadas.
- Colaborar coa Inspección de Traballo e Seguridade Social nas actuacións referentes ás condicións materiais e técnicas de seguridade e saúde laboral e mais nas de comprobación e control, de ser o caso.
- En xeral, coordinarse coas consellarías con competencias concorrentes en materia de seguridade e saúde no traballo, así como coa Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, co Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo e con outros organismos das comunidades autónomas.
- Actuar, con especial dedicación ás pequenas e medianas empresas, en programas de prevención de riscos e promoción da seguridade e saúde no traballo.
- Estudar as posibles patoloxías derivadas da actividade laboral con máis incidencia en Galicia.
- Levar a cabo cantas outras funcións sexan necesarias para o cumprimento dos fins de prevención e promoción da seguridade e da saúde no traballo nos termos establecidos na normativa de prevención de riscos laborais.
4.- Organización
Estrutura:
Órganos colexiados:
5.- Información sobre altos cargos
Altos cargos:
- Presidente: Francisco Conde López (Conselleiro de Economía, Emprego e Industria)
Perfil biográfico e traxectoria profesional
- Xerente
Perfil biográfico e traxectoria profesional
Declaración de actividades e bens patromoniais
Autorizacións do exercicio de actividade privada ao cese de altos cargos
6.- Persoal
Efectivos:
Réxime económico:
Selección de persoal:
Condicións de traballo:
Pactos reguladores de condicións de traballo:
Acordo entre a Administración da Xunta de Galicia e as organizacións sindicais sobre determinadas condicións especiais de traballo para o establecemento das gardas dos técnicos dos centros de seguridade e saúde laboral con base no protocolo de coordinación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fiscalía de Galicia, para a investigación eficaz e rápida dos delitos contra a vida, a saúde e a integridade física dos traballadores, así como para a execución efectiva das sentenzas condenatorias.
7.- Orzamento e liquidación
Estado de ingresos e gastos do ISSGA
No apartado "Descargas" pódese consultar a conta de liquidación 2017 así como o Estado de ingresos e gastos do Instituto.
8.- Patrimonio
Vehículos:
- Número de vehículos do Instituto: 19 (propiedade).
9.- Plans e actuacións
- Plan anual de actuación. O Instituto desenvolve as súas actividades consonte o establecido no seu plan de actuación, como instrumento fundamental para dar cumprimento aos fins e desenvolver as funcións que lle son propias, no marco da estratexia que nesta materia adoptan os poderes públicos da Comunidade Autónoma.
- Plan anual de formación. Cada ano o Instituto aproba unha oferta formativa en materia de prevención de riscos laborais, que inclúe xornadas técnicas e cursos de prevención de riscos, tanto na modalidade presención como en liña.
10.- Procedementos
- Tramitación das solicitudes de alta e baixa no Rexistro de Empresas con Risco por Amianto (RERA) de Galicia.
- Tramitación dos plans de traballo de amianto.
11.- Encomendas de xestión
Encomenda de xestión para o desenvolvemento material de diferentes actividades relacionadas coa tramitación de expedientes e rexistro de datos en aplicación do Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables ao traballo con risco de exposición ao amianto.
Orde do 2 de decembro de 2008, pola que se publica o acordo de encomenda de xestión
12.- Convenios de colaboración
O ISSGA asina anualmente convenios de colaboración que poden ser consultados no Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia.
13.- Contratación
Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, o ISSGA difunde a través da rede o seu perfil de contratante.
14.- Subvencións
Actualmente o Instituto non conta con procedementos de subvencións abertos.
15.- Calidade
O ISSGA pon a disposición dos/as interesados/as o servizo consistente na realización de determinacións analíticas de mostras ambientais e biolóxicas procedentes da exposición a axentes químicos. Este servizo lévase a cabo a través do Laboratorio de referencia de hixiene analítica, situado no centro do ISSGA en Pontevedra.
No apartado "Ligazóns de interese" pódese descargar a conta de liquidación 2015 do Instituto.