Benvida

Imaxe da directora do ISSGA Adela Quinzá-Torroja García

Benvido/a á páxina web do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).

Este portal deséñase como un instrumento para dar a coñecer os principais aspectos do órgano técnico das políticas de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia, ao tempo que serve de espazo aberto ás achegas que se fagan por todos os que así o consideren.

De xeito destacado amósanse as diversas actuacións do ISSGA, cuxo maior valor reside en que son accións de desenvolvemento dun plan de actuación compartido e consensuado cos axentes sociais da nosa comunidade autónoma, que teñen participación activa e cualificada no instituto.

Cómpre pois, identificar o ISSGA como un lugar que une sensibilidades e suma esforzos cara a un obxectivo común, avanzar na redución dos accidentes laborais e das enfermidades profesionais a prol dun traballo seguro e de maior calidade en Galicia.

Que é o ISSGA

Descrición e obxectivos

DESCRICIÓN

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) é un organismo autónomo dos regulados na sección 2ª do capítulo II do título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que se configura como un órgano técnico en materia de prevención de riscos laborais e adscrito organicamente á consellería competente en materia de traballo.

Compartir no Twitter Publicar no Facebook Agregar a Delicious

Organigrama

Para o desempeño dos fins e funcións que lle atribúen os artigos anteriores, o Issga contará cos seguintes órganos:

a) De goberno.
1. A Presidencia.
2. O Consello Reitor.

b) Executivo: a Xerencia.

Compartir no Twitter Publicar no Facebook Agregar a Delicious

Imaxe corporativa

O logotipo e anagrama do Issga e arquivo descargable.

Compartir no Twitter Publicar no Facebook Agregar a Delicious

Comisión de Goberno

Coa publicación da RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2019 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, a Comisión de goberno deixa de exercer as súas funcións e comenzando o Consello Reitor a exercelas como órgano superior colexiado de goberno do Issga.

Compartir no Twitter Publicar no Facebook Agregar a Delicious

Transparencia

1.- Información básica

 Sede central:

 

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia  (ISSGA)

Edificio Igape-Issga - 3ª planta

Complexo Administrativo de San Lázaro

15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

 

Correo electrónico: issga@xunta.es

Teléfono: 981 544 625

 

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9 a 14 h

Compartir no Twitter Publicar no Facebook Agregar a Delicious