
Actualización do cartel e flyer con recomendacións preventivas para a actividade de REDEIRAS sobre: medidas previas ao comezo da actividade, distancia de seguridade, hixiene e limpeza e medidas organizativas.
Cartel con recomendacións preventivas para o sector do TAXI: antes de ir ao traballo, distancia de seguridade, hixiene e limpeza e medidas organizativas.
O ISSGA participou nun grupo de traballo no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo que estableceu criterios técnicos comúns a nivel nacional para facilitar a xestión preventiva durante a montaxe e desmonte de espectáculos públicos.
O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento das actividade relativas ao deseño, execución e xestión de reunións, incentivos, conferencias, congresos, eventos e feiras comerciais segundo as indicacións das autoridades sanitarias.