Folla de prevención nº 32 - Sistemas de xestión da prevención de riscos laborais (II)


Esta folla contén información de interese sobre os sistemas de xestión da prevención de riscos laborais na empresa.

É a segunda folla dunha serie de dúas que se centran nesta temática. Nela recóllense os aspectos relativos aos modelos dos sistemas de xestión, directrices europea, directrices da OIT (ILO-OSH 2001), e das normas OHSAS 18001 e 18002.

O seu autor é José Rega Piñeiro, subdirector xeral Técnico e de Planificación e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.