Publicacións

Prevención de riscos para o embarazo e lactación no sector agrario


A finalidade desta folla é proporcionarlles información sobre os riscos laborais e a prevención tanto á muller embarazada coma a aquela que dese a luz recentemente ou que estea en período de lactación, de maneira que todas realicen os seus labores de forma segura e saudable.

As súas autoras son Mª Paz Eyre Vázquez, Myriam Garabito Cociña e María García Díaz, técnicas de nivel superior en prevención de riscos laborais do ISSGA.

 

Folla de prevención nº 47 - Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios


Nesta nova folla de prevención recóllense os principais aspectos realacionados coa prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios.

O seu autor é Pablo García Fernández., técnico superior de Prevención de Riscos Laborais do ISSGA.

Folla de prevención nº 46 - Os trastornos musculoesqueléticos de orixe laboral


Documento no que se definen os TME, se analizan os seus factores de risco e a forma de determinalo.

A súa autora é Mª Jesús Copa Arias, técnica superior de seguridade e saúde laboral do ISSGA.

Folla de prevención nº 45 - Prevención dos riscos ligados aos postos de traballo en peixarías


Este documento comeza indicando os riscos para os traballadores que desenvolven a súa actividade nunha peixaría e que poden ser orixe de dano para a súa saúde. A continuación se establecen as medidas preventivas asociada ás distintas tarefas que realizan.