Publicacións

Documento CAE e de planificación. Aproveitamentos forestais


Modelo de documento de coordinación de actividades empresariais e de planificación en traballos de aproveitamentos forestais elaborado polo grupo de traballo de prevención de riscos laborais no do sector forestal do ISSGA.

Alerta ISSGA, pode haber amianto


Documento onde dun xeito máis amplo que nas fichas se explica que é o amianto e os seus perigos, onde se pode atopar, os diferentes materiais con amianto e os seus riscos,  como nos podemos protexer e, por último, referencias á lexislación, bilbiografía e consulta.

Alerta ISSGA, pode haber amianto_Fichas


Fichas elaboradas con material resistente, nas que se recollen as fotografías dos diferentes tipos de materiais xunto coa información básica para poder identificalos, os seus usos e localización, o ano da súa prohibición e se desprede fibras con facilidade, pensando para que poidan ser utilizadas a “pé de obra”.

Fichas de investigación - ISSGA - Enfermidades profesionais no sector da pesca e da acuicultura


Para a elaboración destes documentos selecciónanse aquelas enfermidades profesionais máis representativas pola súa frecuencia e, a partir das investigacións que realiza o persoal técnico do  Issga, sintetízase a información nunha ficha.