
O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento das xuntas das comunidades de propietarios segundo as indicacións das autoridades sanitarias. Debe ser a base para elaborar un protocolo que recolla as medidas específicas que se deban adoptar en función das características de cada comunidade de propietarios
O ISSGA participou nun grupo de traballo no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo que estableceu criterios técnicos comúns a nivel nacional para facilitar a xestión preventiva durante a montaxe e desmonte de espectáculos públicos.
O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento da actividade nas cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís segundo as indicacións das autoridades sanitarias. Debe ser a base para elaborar un protocolo que recolla as medidas específicas que se deban adoptar en función das características de cada cerimonia ou celebración..
Documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nas gravacións de contidos audiovisuais segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o coronavirus.