Publicacións

Recomendacións preventivas ante o coronavirus nas actividades de bandas de música populares


Este asesoramento técnico do ISSGA préstase a solicitude e en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares e debe enmarcarse como documento en continua actualización.

Guía ISSGA de recomendacións preventivas no ámbito laboral ante o coronavirus: recintos feriais


O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento das actividade relativas ao deseño, execución e xestión de reunións, incentivos, conferencias, congresos, eventos e feiras comerciais segundo as indicacións das autoridades sanitarias.

Data de actualización: 28-01-2021

Medidas para minimizar o risco de transmisión do SARS-COV-2 por aerosois


Minimizar a transmisión da COVID-19 a partir de aerosois non implica a necesidade de adoptar medidas de prevención complexas moi diferentes ás xa recomendadas, pero si reforzalas e incorporar algunhas novas para evitar o contaxio, en especial nos espazos interiores. No seguinte documento recóllense as máis importantes.

Elaboración do Plan de Continxencia fronte ao coronavirus


Nestes documentos, guía e cartel, recóllense orientacións para a elaboración dun Plan de Continxencia co obxecto de dispoñer dun instrumento de xestión para planificar a adopción das medidas necesarias que contribúan a eliminar ou minimizar no posible a incidencia da emerxencia ocasionada polo risco comunitario que supón a pandemia provocada pola COVID-19 (SARS-Cov-2) no ámbito laboral.