Recomendacións preventivas ante o coronavirus nas actividades de bandas de música populares


Estas recomendacións fanse dun xeito xenérico entendendo que en todas as bandas de música populares a responsabilidade sobre o autocoidado recae na persoa que toca o instrumento ou canta. Nas entidades profesionais ou con fin profesional, será a propia entidade a que deberá crear as condicións necesarias de protección, prevención e seguridade aos seus empregados seguindo as indicacións das autoridades sanitarias e contando co asesoramento do seu Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Este asesoramento técnico do ISSGA préstase a solicitude e en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares e debe enmarcarse como documento en continua actualización. Se este se consulta en data posterior á súa publicación, deberase contrastar coas recomendacións actualizadas que se tiveran publicado.

Data de publicación: 05-04-2021.