ORDE do 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2015


Ano: 2015


Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións por que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das axudas destinadas a accións de fomento da  prevención de riscos laborais en Galicia, correspondentes ao exercicio de 2015, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.