Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Consellería de Sanidade para o intercambio de datos de accidentes de traballo para desenvolver o programa de detección de terceiros obrigados ao pagamento na asistencia sanitaria dispensada no Servizo Público de Saúde


O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións, requisitos e procedementos polos que se debe rexer a cesión de datos en materia de accidentes de traballo entre o ISSGA e a Consellería de Sanidade, para desenvolver esta última o Programa de detección de terceiros obrigados ao pagamento na asistencia sanitaria dispensada no Servizo Público de Saúde, en concreto o Subprograma específico de detección de asistencia sanitaria facturable ás Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, así como a outros terceiros obrigados ao pagamento, preservando en todo caso os dereitos das persoas ás que se refira a información.

Tipo: Convenio de colaboración

Data sinatura: 15 / 09 / 2017

Vixencia: O presente convenio estenderá a súa vixencia desde a data da sinatura por todas as partes ata o 31 de decembro de 2020, data de vixencia da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.