Convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais


O obxecto deste convenio é articular a colaboración do ISSGA coa Universidade da Coruña na realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais dende os estudos cursados na universidade.

 

Así, promoverase o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral do estudantado universitario.

Tipo: Convenio de cooperación educativa

Data sinatura: 2/9/2015

Vixencia: Este convenio estará vixente dende a data da súa sinatura ata o remate do curso académico 2015-2106. Foi prorrogado para os cursos 2016-2017, 2017-2018,  2018-2019 e 2019-2020.

Así mesmo, poderá ser obxecto de prórroga, por novos cursos académicos, salvo denuncia expresa por algunha das partes, que deberá comunícala cunha antelación mínima dun mes antes do seu vencemento o do vencemento das prórrogas. Non obstante, a prórroga será preciso formalizala expresamente.

Ligazóns de interese: