
O obxecto deste convenio é a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do ISSGA, así como a elaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes daquel; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.
O obxecto deste convenio é articular a colaboración do ISSGA coa Universidade da Coruña na realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais dende os estudos cursados na universidade.
El objeto de este convenio es la participación en las actividades de la EGAP del personal dependiente del ISSGA, así como la colaboración y el desarrollo conjunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias de la competencia de las instituciones firmantes del mismo, actuando de forma más eficaz y eficiente en la utilización de los medios humanos, materiales y organizativos de cada una de ellas, para un mejor cumplimiento de los fines de ambas partes, en beneficio de la ciudadanía y de la sociedad gallega
O obxecto deste convenio é articular a colaboración do ISSGA coa Universidade de Santiago de Compostela na realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais dende os estudos cursados na universidade.