
É obxecto do presente acordo establecer un marco global de cooperación entre o ISSGA e GAS NATURAL FENOSA para realizar actividades e proxectos no ámbito da formación e información, en especial sobre risco eléctrico, e regular a ordenación de cantas accións se vaian producindo no desenvolvemento daquelas.
Establecer un marco global de colaboración entre o ISSGA e CETMAR, en reflexo do propio interese que as partes, conforme reflicten os expositivos precedentes, manifestas e regular a ordenación de cantas accións, en desenvolvemento deste, se vaian producindo.