Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo
O obxecto deste acordo entre o ISSGA e o COPG é o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas polo COPG, en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.
As modalidades de colaboración poderán consistir en:
a) A realización de accións de concienciación e difusión en materia de prevención de riscos laborais.
b) O intercambio de información en materia de seguridade e saúde laboral cando esta revista especial interese para a prevención de riscos laborais.
c) A cooperación e asesoramento mutuo mediante a achega dos coñecementos e experiencia técnicos.
d) A elaboración de materiais divulgativos e didácticos relacionados coa difusión e promoción da prevención dos riscos laborais.
e) A promoción da actividade investigadora de ambas as dúas institucións no estudo ou avaliación de calquera problema relacionado coa seguridade e saúde dos traballadores.
f) Cantas outras sexan consideradas de interese común, dentro da competencia e disponibilidade das partes, en relación á actividade obxeto deste acordo.
Tipo: Acordo marco de colaboración
Data sinatura: 10/06/2015
Vixencia: O presente acordo marco estenderá a súa vixencia desde a data da sinatura por todas as partes ata o 31 de decembro de 2015, prorrogándose tácitamente por anualidades naturais, salvo denuncia de calquera das partes antes do seu termo, ou do termo de cada unha das prórrogas.