Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL), para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo


Obxecto/finalidade: O obxecto deste acordo entre o ISSGA e a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL) é o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas por APROSAL, en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.
A colaboración farase efectiva mediante o desenvolvemento das accións relacionadas coa seguridade e saúde laboral consistentes en:
 
a)    A realización de accións de concienciación e difusión en materia de prevención de riscos laborais.
b)    O intercambio de información en materia de seguridade e saúde laboral cando esta revista especial interese para a prevención de riscos laborais.
c)    A cooperación e asesoramento mutuo mediante a achega dos coñecementos e experiencia técnicos.
d)    A elaboración de materiais divulgativos e didácticos relacionados coa difusión e promoción da prevención dos riscos laborais.
e)    A promoción da actividade investigadora de ambas as dúas institucións no estudo ou avaliación de calquera problema relacionado coa seguridade e saúde dos traballadores.
f)     Cantas outras sexan consideradas de interese común, dentro da competencia e dispoñibilidade das partes, en relación á actividade obxecto deste acordo.
 
Tipo: Acordo marco de colaboración
Data sinatura: 01/09/2014
Vixencia: Este acordo marco estenderá a súa vixencia desde a data da sinatura por ambas partes ata o 31 de decembro de 2014, prorrogándose tacitamente por anualidades naturais, salvo denuncia de calquera das partes antes do seu termo, ou do termo de cada unha das prórrogas