Avisos

NOVO CORONAVIRUS (2019 n-CoV)


O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), no exercicio da súa función de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais, elabora diversos documentos nos que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos centros de traballo segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o Coronavirus.

Todo isto sen prexuízo da necesidade de medidas específicas que se deban adoptar en función das características concretas da actividade e que corresponden á organización preventiva da empresa (servizo de prevención, traballadores designados ou asunción polo empresario). Sempre seguindo as pautas das autoridades sanitarias en cada momento.

 Web_coronavirus_PORTADA_Banner.

 

 

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN, DOCUMENTACIÓN E LIGAZÓNS DE INTERESE

Acceda premendo sobre o nome ou a través das ligazóns indicadas ao final desta páxina.

XUNTA DE GALICIA_PRL

 

XUNTA DE GALICIA

 

INSST

 

MINISTERIO DE SANIDADE

 

MINISTERIO DE TRABALLO

 

MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E INDUSTRIA

 

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

 

ORGANIZACIÓN MUNDIAL DE LA SALUD

 

CENTRO EUROPEO PARA LA PREVENCIÓN Y EL CONTROL DE ENFERMEDADES (ECDC)

 

AGENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS (AEPD)

 

SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MEDICNA PREVENTIVA, SALUD PÚBLICA E HIGIENE

 

Traballo e calor


 

Portada_cartel_EstresTer-GAL-V8O estrés térmico é a causa dos diversos efectos patolóxicos que se producen cando se acumula excesiva calor (tensión por calor) ou se elimina excesiva calor (tensión por frío) no corpo humano. Entendemos por estrés térmico a presión que se exerce sobre a persoa ao estar exposta a temperaturas extremas e que a igualdade de valores de temperatura, humidade e velocidade do aire, presenta para cada persoa unha resposta distinta dependendo da susceptibilidade do individuo e a súa aclimatación.

Para avaliar os riscos da exposición á calor débese ter en conta tanto a carga neta de calor á que os traballadores están expostos e que resulta da contribución combinada das condicións ambientais do lugar onde traballan, a actividade física que realizan e as características da roupa que levan, como a resposta fisiolóxica do corpo humano para manter a temperatura interna no rango adecuado. 

Esta campaña do ISSGA sobre traballo e calor conta con material informativo dirixido a traballadores daquelas actividades nas que pode haber sobrecarga térmica de xeito permanente polo tipo de actividade ou na época estival pola influenza da temperatura exterior, incidindo especialmente nos principais factores de risco e nas medidas preventivas e actuacións básicas. 

  • Triptico: recolle os efectos da calor no noso corpo, como evitar os seus danos, os postos de traballo nos que pode hacer ese risco por calor, que debemos facer nos traballos ao aire libre no verán e como actuar ante un golpe de calor.
  • Cartel: se recollen como evitar danos nos traballos ao aire libre durante o verán e que facer ante un golpe de calor

PREGUNTAS FRECUENTES_Prevención e saúde laboral ante o coronavirus no COMERCIO


Premendo  sobre a seguinte ligazón pode acceder a unha relación de preguntas frecuentes co obxectivo de dar resposta ás cuestións máis importantes relacionadas coa prevención e saúde laboral ante o coronavirus no COMERCIO.

PREGUNTAS FRECUENTES_Prevención e seguridade e saúde laboral ante o coronavirus nas PERRUQUERÍAS


Premendo  sobre a seguinte ligazón pode acceder a unha relación de preguntas frecuentes co obxectivo de dar resposta ás cuestións máis importantes relacionadas coa prevención e saúde laboral ante o coronavirus nas PERRUQUERÍAS.