
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), no exercicio da súa función de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais, elabora diversos documentos nos que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos centros de traballo segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o Coronavirus.
Todo isto sen prexuízo da necesidade de medidas específicas que se deban adoptar en función das características concretas da actividade e que corresponden á organización preventiva da empresa (servizo de prevención, traballadores designados ou asunción polo empresario). Sempre seguindo as pautas das autoridades sanitarias en cada momento.
Acceda premendo sobre o nome ou a través das ligazóns indicadas ao final desta páxina.
Recomendacións preventivas ante o coronavirus nas actividades de bandas de música populares
Medidas para minimizar o risco de transmisión do SARS-COV-2 por aerosois
Recomendacións preventivas ante o coronavirus no CANTO CORAL
Recomendacións preventivas ante o coronavirus nas xuntas das COMUNIDADES DE PROPIETARIOS
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus nas PERRUQUERÍAS
Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus
Guía ISSGA de recomendacións preventivas no ámbito laboral ante o coronavirus: RECINTOS FERAIS
Guía básica ISSGA para a elaboración do PLAN DE CONTINXENCIA
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus na EXTRACCIÓN DE RECURSOS
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus no SECTOR DA CONSTRUCIÓN
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus nas GASOLINEIRAS
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus nas OBRAS DE REHABILITACIÓN, REFORMAS E REPARACIÓNS EN EDIFICACIÓNS
Pevención e saúde laboral nos servizos e producións de EVENTOS E ESPECTÁCULOS ante o coronavirus
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus no sector do TAXI
Tratamentos de DESINFECCIÓN en locais comerciais e outras estancias en relación ao coronavirus
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus na INDUSTRIA EXTRACTIVA
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus no SECTOR DOS ÁRIDOS
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus na INDUSTRIA DA AUTOMOCIÓN
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus na INDUSTRIA NAVAL
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus na INDUSTRIA DA LOUSA
Prevención e saúde laboral ante o coronavirus no SECTOR FORESTAL
Prevención no SERVIZO DE EMPREGADAS DO FOGAR fronte ao coronavirus
Prevención na INDUSTRIA MANUFACTUREIRA fronte ao coronavirus
Prevención no SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO fronte ao coronavirus
Prevención na ATENCIÓN DE CHAMADAS TELEFÓNICAS fronte ao coronavirus
Prevención nos CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO fronte ao coronavirus
Información económica e liñas de axuda_Consellería de Economía, Emprego e Industria
Medidas contra o coronavirus_Información de utilidade nas EMPRESAS
Instrucións xerais de actuación_COVID-19_Dirección xeral de Enerxía e Minas
Prevención de riscos laborais vs. COVID-19- Compendio non exhaustivo de fontes de información
Orientacións ergonómicas para traballos a distancia con ordenador debido ao COVID-19
Riscos psicosociais e traballo a distancia por Covid-19. Recomendacións para o empregador - Ano 2020
Comunicado da AEPD sobre apps e webs de autoavaliación do Coronavirus
Informe sobre os tratamentos de datos en relación co COVID-19
Premendo sobre a seguinte ligazón pode acceder a unha relación de preguntas frecuentes co obxectivo de dar resposta ás cuestións máis importantes relacionadas coa prevención e saúde laboral ante o coronavirus nas PERRUQUERÍAS.
Premendo sobre a seguinte ligazón pode acceder a unha relación de preguntas frecuentes co obxectivo de dar resposta ás cuestións máis importantes relacionadas coa prevención e saúde laboral ante o coronavirus no COMERCIO.
Data de actualización: 20 de novembro de 2020.
Nunha semana na provincia de Pontevedra aconteceron dous accidentes moi similares, un con consecuencias mortais e outro que pudo selo. En ambos os dous casos dábanse circunstancias de falta de medidas de seguridade moi similares. Os dous traballadores sufriron unha caída de altura ao pisar en zonas non resistentes dunha cuberta metálica con parte da mesma formada por pranchas plásticas translúcidas (denominadas coloquialmente uralitas translucidas).
É importante prestar especial atención aos riscos de traballar sobre cubertas de materiais lixeiros e adoptar nos devanditos traballos medidas preventivas axeitadas:
- Realizar un estudo previo e planificación dos traballos a realizar, logo de avaliación dos riscos presentes no lugar de traballo.
- Formar e informar os traballadores do risco que supón pisar sobre as zonas e superficies fráxiles
- Utilizar plataformas elevadoras móbiles de persoas (PEMP) normalizadas
Soamente cando non sexa posible a aplicación das medidas anteriores, outras posibles medidas son:
- Habilitar zonas de traballo e de tránsito (pasarelas) apoiadas sobre os elementos resistentes da cuberta
- Instalar redes de seguridade de sistema horizontal con corda perimetral como medida complementaria, para a recollida de persoas en caso de caída ou solución equivalente
- Instalación de liñas de vida (normalmente sobre a cumieira) ou puntos de ancoraxe para a utilización de sistemas anticaídas. Os puntos de ancoraxe dos devanditos dispositivos terán a resistencia suficiente para garantir a súa efectividade. Os mosquetóns serán de peche automático. É necesario recordar o establecido no Rd 2177/04 no que se di: " (...) tendo en conta, en particular, que deberá darse prioridade ás medidas de protección colectiva fronte ás medidas de protección individual e que a elección non poderá subordinarse a criterios económicos".
Ademais, o empresario debe cumprir o deber de coordinación en materia de prevención de riscos laborais cos propietarios das edificacións.
Pode atopar máis informacion no documento de Alerta da páxina web do Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais