Aberta a inscrición nos cursos do Issga "Seguridade nos traballos temporais en altura" e "Medidas preventivas para traballos en espazos confinados"


O Issga organiza cinco cursos de "Seguridade nos traballos temporais en altura" e outros cinco cursos de "Medidas preventivas para traballos en espazos confinados" de 8 horas, gratuítos.

As datas e lugares de realización dos cursos son:

CURSO 1: Seguridade nos traballos temporais en altura: requisitos, equipos e técnicas fundamentais.

  • 14 de xuño en Vigo
  • 15 de xuño en Arteixo
  • 17 de xuño en Santiago de Compostela
  • 22 de xuño en Vilamarín - Ourense
  • 28 de xuño en Lugo

CURSO 2: Medidas preventivas para traballos en espazos confinados.

  • 16 de xuño en Arteixo
  • 21 de xuño en Vigo
  • 23 de xuño en Vilamarín-Ourense
  • 24 de xuño en Santiago de Compostela
  • 29 de xuño en Lugo

 

Para ter máis información e inscribirse, acceda á seguinte ligazón.

Contacto: flc.galicia@fundacionlaboral.org e teléfono 981 983 536