Colabora co estudo ‘Tecnoloxía e movemento’ da Universidade de Sevilla


Investigadores do departamento de Educación Física e Deporte da Universidade de Sevilla puxeron en marcha o estudo ‘Tecnoloxía e movemento’, co que pretenden coñecer os hábitos de uso de pantallas e de actividade física e a súa repercusión sobre a saúde, a calidade de vida e a capacidade cognitiva no ámbito laboral. Ademais, pretenden enmarcar estes elementos no contexto actual, no que a pandemia de Covid-19 provocou unha ampla e rápida implantación do teletraballo.

Para levar a cabo esta investigación, os seus responsables animan a participar a traballadores cuxa actividade laboral sexa predominantemente sedentaria. Neste grupo atoparíanse empregados como administrativos, informáticos, contables, profesores etc. Os resultados desta investigación permitirán iniciar programas para o establecemento de hábitos responsables de actividade física e uso das pantallas dos que estes traballadores poderían beneficiarse igualmente.

Os interesados en participar poden inscribirse como voluntarios nesta ligazón. Deberán ser traballadores en activo de entre 18 e 65 anos que pasen polo menos 4 horas fronte a pantallas en cada xornada laboral.

Poden consultar a documentación do proxecto ou poñerse en contacto co correo electrónico tecnologiaymovimiento@us.es.

Poden atopar máis información no vídeo explicativo:https://youtu.be/PKidfv6jly8.

tecnologiaymovimiento