Talleres de PRL no sector forestal, sobre o manexo seguro da motoserra


Durante os meses de setembro e outubro terán lugar 6 talleres teórico-prácticos de prevención de riscos laborais no sector forestal, sobre o manexo seguro da motoserra.

Teñen unha duración de 20 horas lectivas, repartidas en cinco xornadas de 16:00 a 20:00 horas.

O obxectivo dos talleres é proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como a adquisición dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.

Lugares:

  • Outeiro de Rei (Lugo): do 23 ao 27 de setembro
  • Riveira (A Coruña): do 30 de setembro ao 4 de outubro
  • Carballiño (Ourense): do 7 ao 11 de outubro
  • Cangas (Pontevedra): do 14 ao 18 de outubro
  • Frades (A Coruña): do 21 ao 25 de outubro
  • Cervo (Lugo): do 4 ao 8 de novembro

Solicitudes:

O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso.

Máis información nos teléfonos 981551704 e 659515371 ou no enderezo issga.formacion@xunta.gal