Reunión da Comisión para a integración da igualdade do ISSGA


Santiago, 4 de marzo de 2021. A Comisión para a integración da igualdade do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) reuniuse hoxe por videoconferencia para tratar diversos aspectos relacionados coa saúde e seguridade no traballo.

Esta comisión ten un carácter permanente e técnico, e o seu principal obxectivo é asesorar sobre aspectos relacionados coa integración da igualdade nas políticas de prevención de riscos, así como:

  • as actuacións en sectores laborais feminizados;
  • a protección da maternidade no ámbito laboral;
  • ou en resposta ás peticións de asesoramento que reciba.

Está formada por técnicos do ISSGA, da Unidade Administrativa de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade, así como por persoal dos catro sindicatos máis representativos e da CEG.

Nesta xuntanza presentouse o Plan de actuación do Issga 2021 con especial referencia ás fichas do Plan relacionadas cos fins da comisión, se informou sobre a creación da unidade de referencia COVID-19 no Issga para o entorno laboral e se fixo un balance das principais actividades no 2020 relacionadas cos fins da comisión e con motivo da pandemia polo coronavirus SARS-COV2, entre as que destacamos:

- Traballo dende o primeiro momento da pandemia cara a fortalecer o cumprimento das recomendacións sanitarias e para facilitar asesoramento técnico e especializado na adopción de medidas preventivas fronte a transmisión do coronavirus na contorna laboral en numerosas actividades económicas.

- Entre outras actuacións, elaborouse documentación técnica en forma de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus para diversos sectores e actividades feminizadas en diferentes formatos, así como as correspondentes versións actualizadas en función da evolución da situación:

  • Comercio (guía, cartel e folleto, documento con preguntas frecuentes)
  • Perruquerías (guía, cartel e folleto, documento con preguntas frecuentes )
  • Supermercados (cartel e folleto)
  • Tendas de alimentación (cartel e folleto)
  • Servizo de empregadas do fogar (infografía e documento técnico)
  • Atención a chamadas telefónicas (infografía e documento técnico)
  • Servizo de axuda a domicilio (infografía e documento técnico)
  • Redeiras (cartel e folleto)