Participamos nunha reunión do INSST e dos institutos de seguridade e saúde laboral das comunidades autónomas


3 de febrero de 2021. Nesta xuntanza, que tivo lugar a través de videoconferencia, se analizou o estado da situación da actividade conxunta desenvolvida entre o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e as comunidades autónomas.

Esta actividade conxunta se clasifica en dous grupos:

  • Grupos de traballo continuos: aqueles grupos cun obxectivo que continúa ao longo do tempo
  • Colaboracións específicas: aquelas que, debido á temática, a zona xeográfica, a existencia dun acordo de colaboración específico, a solicitude de colaboración ao INSST, etc., ten un prazo limitado no tempo ou participan un número reducido de CCAA

Ademais, establecéronse as pautas de coordinación das actividades para este ano 2021.

A participación activa do ISSGA en grupos de traballo a distintos niveis pretende dar respostas técnicas a problemáticas de riscos concretas, promover novas dinámicas e para propiciar as necesarias reformas técnicas e/ou normativas e, en xeral, xerar, transmitir e compartir coñecemento técnico nos distintos aspectos da PRL e a promoción da saúde no traballo.