Participamos nun webminar sobre a sílice cristalina respirable


21 de outubro de 2020. Hoxe tivo lugar este webimar sobre novidades e realidades da sílice cristalina respirable organizado por ARIGAL no que a xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García, participou no acto de presentación.

Trátase da VII xornada de responsabilidade empresarial na seguridade e saúde laboral no sector dos áridos e entre outros tratáronse temas como os límites de exposición profesional, os novos protocolos de vixilancia da saúde ou as entratexias de mostraxe.

Na súa exposición, Adela Quinzá-Torroja fixo un pequeno percorrido das diferentes iniciativas e actuacións do ISSGA destinadas a empresas con risco de exposición a pó de sílice cristalina respirable, que se viron recollidas nos respectivos plan anuais de actividades do instituto a través de estudos epidemiolóxicos médico-hixiénicos, publicacións dirixidas ao sector, grupos de traballo de, programas específicos, xornadas técnicas ou normativas, programas de recoñecemento médico a traballadores post-expostos ou o asesoramento ás organización empresariais e sindicais do sector para o cumprimento dad normativa en prevención de riscos laborais.

Indicou tamén que é necesario un esforzo das empresas e das administracións, en especial na labor de asesoramento para que o cambio normativo repercuta en definitiva nunha mellora sustancia das condicións de traballo e polo tanto na loita contra a silicose.