O ISSGA participa nunha reunión do Grupo de traballo do sector agrario da CNSST


21 de outubro de 2020.- Ten lugar hoxe, mediante videoconferencia, e forma parte dela o xefe do Centro ISSGA de Ourense, Ángel López Álvarez.

Entre as propostas que se tratarán neste grupo de traballo da Comisión Nacional de Seguridade e saúde no Traballo (CNSST), destacamos as seguintes:

  • Información da situación da Campaña Nacional de Sensibilización A túa vida, sen voltas
  • Información do Programa de equipamento de estrutura de protección en caso de envorco (ROPS) e cinto de seguridade homologados en tractores vellos
  • Información sobre materias de prevención de riscos no sector agrario

O ISSGA, coa participación nestes órganos e nos diversos grupos de traballo pretende dar respostas técnicas á problemáticas de riscos concretas, promover novas dinámicas, propiciar as necesarias reformas técnicas e/ou normativas e, en xeral, xerar, transmitir e compartir coñecemento técnico nos distintos aspectos da PRL e a promoción da saúde no traballo.