Participamos nunha xuntanza do grupo de traballo do sector marítimo pesqueiro da CNSST


20 de outubro de 2020. Nesta reunión, organizada a través de videoconferencia, participa Diego Castro Balboa, técnico do centro ISSGA_Pontevedra.

Trátase dunha reunión específica para debater sobre o documento do INSST sobre as medidas preventivas recomendadas para o deseño e utilización dos equipos de tracción instalados a bordo dos pesqueiros de arrastre utilizados en faenas de pesca, segundo o reais decretos 1215/1997 e 1216/1997.

En datas anteriores, os integrantes deste grupo achegaron comentarios para a mellora deste importante documento, que ten como finalidade aportar uns limiares mínimos de seguridade para a instalación e utilización dos equipos nestes buques pesqueiros.

O ISSGA, coa participación nestes órganos e nos diversos grupos de traballo pretende dar respostas técnicas á problemáticas de riscos concretas, promover novas dinámicas, propiciar as necesarias reformas técnicas e/ou normativas e, en xeral, xerar, transmitir e compartir coñecemento técnico nos distintos aspectos da PRL e a promoción da saúde no traballo.