19 de outubro: Día Internacional contra o Cancro de mama


No Día Internacional contra o Cancro de Mama,  lembramos por que é tan importante o diagnóstico precoz desta enfermidade como medida de prevención.
 
1. Estímase que unha de cada de 10 mulleres sufrirán cancro de mama ao longo da súa vida.
 
2.Os factores de risco máis importantes de padecer esta enfermidade non son modificables pois son a idade, os antecedentes persoais e a menarquía precoz.
 
3. Os programas de detección precoz, dirixidos a mulleres entre 50 e 69 anos, diagnostican o 57 % dos casos que están en grupo de idade e un 30% dos cancro de mama en calquera idade.
 
Neles realízase, cada dous anos, unha mamografía a mulleres entre 50 e 69 anos, co obxectivo de facer un diagnóstico preventivo da enfermidade.
 
4. É importante, acudir ao médico de atención primaria en caso de sospeita de POSIBLES SÍNTOMAS de cancro de mama tales como:
 
-Aparición dun vulto palpable na mama ou axila, xeralmente duro e que non doe.
-Cambios na mamila ou forma da mama.
-Alteracións na pel da mama ( aspecto, cor, úlceras).
-Secreción de líquido só por un das dúas mamilas.
 

O diagnóstico precoz é a clave para a prevención do cancro de mama, unha enfermidade que xeralmente non presenta síntomas.