A Aula de Prevención do Risco Eléctrico do ISSGA forma a docentes de FP da rama de electricidade


Rande_Redondela, 6 de marzo de 2020. Hoxe, na Aula de Prevención do Risco Eléctrico (Centro ISSGA_Pontevedra) tivo lugar unha sesión informativa e formativa cunha duración dunha hora e media para máis dunha vintena de docentes dos departamentos de electricidade dos ciclos formativos de formación profesional.

O ISSGA quere aportar a seguridade como elemento indisoluble á formación e por iso se organiza esta actividade na que técnicos expertos en risco eléctrico transmitirán os asistentes o funcionamento de toda a instrumentación da aula coa finalidade de mellorar a súa formación e habilidades prácticas sobre o risco eléctrico e que poidan trasladalo os seu alumnado a través de visitas á Aula, as cales xa comezarán durante este mesmo mes.

A dotación de equipos e medios auxiliares da aula permiten

  • Una explicación práctica dos materiais e equipos utilizados nas tarefas habituais que deben realizarse na reparación e mantemento das instalacións eléctricas en alta tensión nun entorno seguro

  • A simulación de sistemas de posta a terra

  • Simular a arquitectura dunha rede eléctrica de media tensión e a súa posterior transformación e distribución en baixa tensión.

A electricidade utilízase en case todos os contornos laborais.

No manexo de instalacións eléctricas de certa complexidade e sobre todo os traballos de reparación mantemento das mesmas, identificase a aparición de risco de queimaduras e mesmo electrocución.

O coñecemento e aplicación correcto e sistematizado dos métodos de traballo en instalacións eléctricas é a principal vía para garantir que os traballos se realizan en óptimas condicións de seguridade.

No marco da lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais publicouse o Rd 614/2001 de 8 de xuño, sobre disposicións mínimas para a protección da saúde e seguridade dos traballadores fronte o risco eléctrico.

No seu artigo 2 recolle que o empresario deberá adoptar as medidas necesarias para que da utilización ou a presencia da enerxía eléctrica nos lugares de traballo non se deriven riscos para a saúde e seguridade dos traballadores ou, si elo non fose posible para que tales riscos se reduzan ao mínimo.

Así mesmo resulta de gran importancia para a seguridade a formación práctica daqueles profesionais que dentro das súas competencias terán a instalación e o mantemento das instalacións eléctricas.

Coa formación impartida nesta aula acadaremos unha mellor formación, habilidades prácticas e concienciación sobre o risco eléctrico que redundará nunha redución de accidentes laborais.