Aberto o prazo para inscribirse nos cursos Issga de manexo seguro de retrocargadora mixta
O Issga organiza tres cursos de Seguridade en maquinaria. Medidas preventivas para operadores de retrocargadora mixta de 30 horas, gratuítos.
As datas e lugares de realización dos cursos son:
• 28 a 31 de outubro de 2019 en Santiago de Compostela
• 4 a 7 de novembro de 2019 en Ourense - Vilamarín
• 11 a 14 de novembro de 2019 en Vigo
Para ter máis información e inscribirse, ver o documento que se anexa.
Contacto: flc.galicia@fundacionlaboral.org e teléfono 981 983 536