Hoxe no centro do Issga de Pontevedra, xornada técnica sobre a seguridade en operacións de mantemento industrial


 Redondela – Rande, 31 de maio de 2019


Informaremos sobre as ferramentas tecnolóxicas ao servizo das operacións de mantemento, pero tamén dos factores humanos e organizativos, do cumprimento normativo e de riscos de traballos especiais, ademais de destacar a importancia que ten o cadro de mando na mellora da seguridade e saúde dos traballadores.

 

Os avances tecnolóxicos no que levamos de século XXI foron significativos: internet e redes de sensores, industria 4.0, Smart City, Big data, electrónica de drons, nanotecnoloxía e tecnoloxías emerxentes. Habitualmente, as organizacións de mantemento foron á cola destes avances, e isto non debe continuar así. Trataremos de dalos a coñecer, non só por unha cuestión técnica senón fundamentalmente polo seu compoñente ético.

A xornada está orientada a:

• Actualizar os coñecementos na materia.

• Sensibilizar sobre a importancia de anticiparnos aos acontecementos en materia de seguridade e saúde.

• Reducir e chegar a eliminar a accidentabilidade, sabendo que este obxectivo é máis factible nas organizacións que desenvolven unha política empresarial baseada nunha cultura de seguridade e mellora continua nos traballos de mantemento industrial.