Novas

A Xunta e o Colexio de Administradores de Fincas presentan unha guía de pautas fronte á covid para poder celebrar xuntas veciñais

09 de Setembro , 2020

O Instituto Galego do Vivenda e Solo (IGVS) pediu a colaboración do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) e da Consellería de Sanidade para elaborar unha guía de recomendacións preventivas ante o coronavirus especificamente adaptada ás características das xuntas de comunidades de propietarios.

Protocolo de medidas preventivas ante a COVID-19 nos servizos de transporte público regular de uso xeral de viaxeiros con reserva de prazas a favor de estudantes para o curso 2020-2021

09 de Setembro , 2020

O obxectivo do presente protocolo é facer do transporte regular con reserva de praza a favor de escolares un espazo saudable e seguro mediante o establecemento de medidas preventivas, colectivas e individuais, que deben adoptarse desde o inicio do curso escolar 2020/21, tanto como polos traballadores como polos usuarios do servizo, co obxectivo de protexer e previr o máximo posible a rega de contaxio por COVID-19.

A Xunta lembra a importancia de respectar a obriga do uso de máscaras no ámbito laboral

02 de Setembro , 2020

Así o establece o plan de continxencia fronte ao coronavirus elaborado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), que recolle unha serie de recomendacións a ter en conta por parte das empresas para que a actividade se desenvolva con todas as garantías sanitarias

Publicado un informe sobre criterios técnicos para a xestión de espectáculos públicos temporais

22 de Xullo , 2020

O ISSGA participou nun grupo de traballo no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, que se encargou de establecer criterios técnicos comúns a nivel nacional para facilitar a xestión preventiva durante a montaxe e desmonte de espectáculos públicos.