Novas

A Escola de prevención do Issga forma a 110 traballadoras do mar

13 de Xuño , 2019

O Issga organizou durante o primeiro semestre deste ano oito talleres teórico - prácticos de prevención de riscos laborais dirixidos a evitar ou minimizar especificamente os trastornos musculoesqueléticos (TME) das mariscadoras, percebeiras, redeiras e traballadoras do sector da pesca artesanal.

Comezan as visitas á Escola Galega de Prevención para fomentar a cultura preventiva

07 de Xuño , 2019

Coa Escola Galega de Prevención do Issga téntase incentivar actitudes e hábitos seguros entre os escolares dun xeito ameno, didáctico e divertido que permita inculcar condutas seguras e saudables nunha liña de anticipación aos riscos laborais aos que terán que enfrontarse como futuros empresarios e traballadores.

O ISSGA imparte formación sobre PRL na electromecánica de vehículos no IES Lois Peña Novo de Vilalba

31 de Maio , 2019

Persoal técnico do ISSGA desenvolve hoxe unha xornada formativa dirixida ao alumnado do ciclo medio de electromecánica de vehículos, no que se explicarán os riscos xerais, os riscos hixiénicos específicos desta actividade e as súas medidas preventivas e complétase con contidos teóricos e prácticos de primeiros auxilios.