Novas

Comeza un novo curso de prevención de riscos laborais en liña

20 de Abril , 2021

Desenvolve o programa formativo establecido no anexo IV-A do Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero de 10 horas.

Reunión do grupo de traballo técnico no sector forestal

16 de Abril , 2021

Este grupo de traballo ten como obxectivo a abordaxe da sinistralidade no desempeño de traballos no monte. Integran o grupo persoal técnico do ISSGA, a entidade Fearmaga e as empresas Ence e Finsa, que son referentes do sector da transformación madeira en España.

A Xunta inviste 1,5 M€ para promover a prevención de riscos laborais a través da formación, sensibilización e asesoramento

15 de Abril , 2021

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria destas axudas que se poden solicitar ata o próximo 17 de maio.

Lorenzana reúnese co sector tecnolóxico e de servizos audiovisuais para avanzar en medidas de igualdade laboral e profesionalización

13 de Abril , 2021

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha xuntanza en Santiago de Compostela coa Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia, Agatec.