Novas

Analizamos os riscos derivados da violencia externa no traballo nunha xornada técnica en Ourense

28 de Novembro , 2019

Abordáronse as formas de intervención preventiva fronte a este tipo de violencia e exemplificouse un plan de prevención concreto, de cara a planificar as medidas preventivas que se poden adoptar.

Participamos nun acto de recoñecemento a empresas implicadas coa PRL

26 de Novembro , 2019

A xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, participou nunha sesión informativa organizada por Ibermutua Gallega na que se recoñeceu ás empresas que acreditaron unha singular implicación na prevención de riscos laborais.

O centro ISSGA de Pontevedra acolle un obradoiro sobre as ferramentas de avaliación simplificada na exposición de axentes químicos

21 de Novembro , 2019

Durante esta actividade, eminentemente práctica, se analizarán os diferentes métodos simplificados ou cualitativos para avaliar e controlar a exposición inhalatoria a axentes químicos, facendo especial fincapé no método Stoffenmanager.

Informamos sobre a PRL nos condutores profesionais nunha xornada técnica en Ourense

15 de Novembro , 2019

Esta xornada técnica que tivo lugar no centro ISSGA_Ourense tivo como obxectivo informar sobre a importancia dos aspectos da prevención de riscos laborais nos traballos que levan a cabo os condutores profesionais e presentar dous documentos técnicos elaborados polo Issga en relación con riscos derivados da condución profesional.