Novas

Elaboración do Plan de Continxencia fronte ao coronavirus

10 de Xullo , 2020

Nestse documento, guía e cartel, recóllense orientacións para a elaboración dun Plan de Continxencia co obxecto de dispoñer dun instrumento de xestión para planificar a adopción das medidas necesarias que contribúan a eliminar ou minimizar no posible a incidencia da emerxencia ocasionada polo risco comunitario que supón a pandemia provocada pola COVID-19 (SARS-Cov-2) no ámbito laboral.

Guía ISSGA de recomendacións preventivas no ámbito laboral ante o coronavirus: recintos feriais

01 de Xullo , 2020

O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento das actividade relativas ao deseño, execución e xestión de reunións, incentivos, conferencias, congresos, eventos e feiras comerciais segundo as indicacións das autoridades sanitarias.

Guía Issga de recomendacións preventivas no ámbito laboral ante o coronavirus: cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís

26 de Xuño , 2020

O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento da actividade nas cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís segundo as indicacións das autoridades sanitarias. Debe ser a base para elaborar un protocolo que recolla as medidas específicas que se deban adoptar en función das características de cada cerimonia ou celebración.

Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus nos MERCADOS DE VENDA NON SEDENTARIA

19 de Xuño , 2020

En base á información e ás recomendacións da autoridade sanitaria, elabóranse estas recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus nos mercados de venda non sedentaria que ten como finalidade orientar as actuacións necesarias na fase de reactivación da súa actividade para garantir a saúde das persoas traballadoras.

Eventos

IX Congreso Internacional de saúde laboral e prevención de riscos_Madrid


Terá lugar os días 3, 4 e 5 de xuño de 2020 e está organizado pola Sociedade Española de Saúde e Seguridade no Traballo (SESST).