III Congreso Internacional "A prevención e a seguridade industrial 4.0”_Vigo


Data de inicio: 14 de Novembro , 2019
Data de fin: 15 de Novembro , 2019
Ámbito: Internacional
Lugar de celebración: Auditorio Centro Social AFUNDACIÓN_VIGO


Este Congreso está organizado pola Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), que é seu órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral, o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI), que agrupa a todos os colexios oficiais deste colectivo de enxeñeiros e a Asociación de profesionais da seguridade e saúde laboral de Galicia (APROSAL).

Este congreso ten como punto de saída o profundo cambio que se está a dar nos modelos produtivos e todos os procesos da dixitalización. Todas as temáticas de seguridade 4.0 aplicadas non soamente aos grandes sectores como a automoción ou a nava, senón tamén ás súas empresas auxiliares, e ás Pemes, ao emprego autónomo que require que a Xunta e todos os implicados nas relacións laborais, demos resposta a estas novas formas de traballo que, sen dúbida, teñen como consecuencia novos riscos e a necesaria adopción de novas medidas protectoras e preventivas para as persoas.

Esta visión integral da prevención e da seguridade industrial 4.0 vai ser contada por expertos de recoñecido prestixio e con un carácter internacional.

Debe valorarse que todas estas actuacións en seguridade e saúde laboral teñen demostrado o retorno da inversión realizada en PRL en todos os ámbitos: persoal, social, económico, de competitividade empresarial e, en definitiva, nun emprego seguro e de calidade en Galicia. Porque, aínda que parece que estamos a falar da irrupción da maquinaria como unha nova revolución industrial non podemos esquecer que o centro de todo son as persoas traballadoras e que, nunca poderán ser substituídas.