Primeira xornada galega do accidente de traballo. Responsabilidade penal, laboral e administrativa_ A Coruña


Data de inicio: 28 de Novembro , 2019
Data de fin: 28 de Novembro , 2019
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Auditorio Abanca_A Coruña


O 28 de novembro celebrarase na Coruña a “Primeira xornada galega do accidente laboral. Responsabilidade penal, laboral e administrativa”, organizada por SF Formación, e coa colaboración da Escola de Relacións Laborais da Coruña ( ERLAC), o Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, ABANCA, o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ( APROSAL), a World Compliance Association e a Editorial Xurídica Sepín.

Nesta xornada monográfica van ser obxecto de estudo e debate materias como os delitos contra os dereitos dos traballadores, o acoso nas súas diversas perspectivas (laboral, sexual, etc.), os plans de igualdade profundamente modificados tras a Real Decreto Lei 6/2019, a responsabilidade civil e a súa cuantificación, a función da Inspección de Traballo, a PRL no sector público e privado, etc.

Descargas