Programas específicos

Mapa de risco químico de Galicia

Os produtos químicos están presentes na maioría de sectores de actividade, dende o industrial ao de servizos pasando polo docente ou o sanitario. Moitos deles son perigosos, tanto para a saúde como para o medio ambiente, pero a perigosidade dos produtos químicos non só depende das súas propiedades intrínsecas, senón tamén da maneira na que se manipulan nos lugares de traballo.

Programa ABOIA

O programa Aboia é unha das actuacións postas en marcha dentro do Plan Vixía, de Prevención de Riscos Laborais para o sector pesqueiro.

Trátase dunha proposta de traballo para dotar a un número determinado de mariñeiros da Pesca de Baixura e Acuicultura de Ría, dun chaleco autoinflable que sirva para espertar entre todas as tripulacións das Confrarías e Asociacións de Armadores implicados no mesmo, un sentido proactivo en canto á seguridade, e así mesmo, serva de escaparate diante do resto de poboación traballadora do mundo do mar e permita e provoque a súa utilización habitual en toda a flota.

Plan de Prevención de Riscos Laborais no Sector Pesqueiro

O sector pesqueiro galego mostra un colectivo que representa á maior flota pesqueira de España. Os datos en materia de prevención de riscos laborais mostran unhas altas cifras de sinistralidade laboral, unha deficiente xestión na prevención de riscos laborais, escasos programas específicos para o sector. Conscientes desta realidade de deseñou, programou e puxo en marcha ao "Plan Vixía" de prevención de riscos laborais para o sector pesqueiro, que foi presentado nun congreso realizado na Estación Marítima de Vigo os días 22 e 23 de xuño de 2007.