
O presente plan de actividades inclúe as principais liñas e actuacións técnicas de traballo que desenvolverá o ISSGA durante o ano 2015, limitándose aos fins e funcións definidos para este instituto na Lei 14/2007, tendo en conta as políticas que nas materias de seguridade, hixiene e saúde laboral estableceron os poderes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia neste horizonte temporal para a mellora das condicións de traballo, co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo durante o período, e das que o ISSGA é o órgano técnico encargado da súa xestión e coordinación, sen esquecer a necesaria colaboración dos axentes sociais e doutros órganos da administración con competencias en materia de prevención de riscos laborais.
No artigo 13 da Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o ISSGA, establécese que con periodicidade anual se elaborará unha memoria de actividades da que se dará conta ao Parlamento de Galicia para os efectos de control por parte deste organismo. Este mandato legal cúmprese con este documento que, sen pretender ser exhaustivo, recolle o que consideramos fundamental do noso traballo no ano 2014, estruturándose en sete puntos: a estrutura e organización, os recursos, a actividade institucional, as relacións con outros organismos, a actuación técnica, o directorio e os anexos.
No artigo 13 da Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, establécese que con periodicidade anual se elaborará unha memoria de actividades da que se dará conta ao Parlamento de Galicia para os efectos de control deste organismo. Mandato que se cumpre con este documento que, sen pretender ser exhaustivo, recolle o que consideramos fundamental do noso traballo no ano 2013, e estrutúrase en sete puntos: a estrutura e organización, os recursos, a actividade institucional, as relacións con outros organismos, a actuación técnica, o directorio e os anexos.
Este documento recolle as principais liñas de traballo e actuacións técnicas que desenvolverá o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) durante o ano 2013. Coma sempre, veñen determinadas polos fins e funcións definidos para este organismo pola Lei 14/2007 que o crea e regula, e polo Plan Estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014, que adoptado no marco do diálogo social, define as políticas que nas materias de seguridade, hixiene e saúde laboral estableceron os poderes públicos da Comunidade autónoma para a mellora das condicións de traballo, co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo durante o período, e das que o Issga é o órgano encargado da súa xestión e coordinación.
No artigo 6 da Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, establécese que con periodicidade anual se elaborará unha memoria de actividades da que se dará conta ao Parlamento de Galicia para os efectos de control deste organismo. Mandato que se cumpre con este documento que, sen pretender ser exhaustivo, recolle o que consideramos fundamental do noso traballo no ano 2012, e estrutúrase en sete puntos: a estrutura e organización, os recursos, a actividade institucional, as relacións con outros organismos, a actuación técnica, o directorio e os anexos.