
Este plan de actividades ten por obxecto determinar os obxectivos principais e as actuacións a desenvolver polo ISSGA durante o ano 2018, cunha dobre finalidade:
a) Por unha banda, servir de guión ao Instituto sobre as accións a desenvolver durante o ano 2018.
b) Pola outra, dar a coñecer coa máxima transparencia a todas as persoas e entidades interesadas as accións que o Instituto pretende desenvolver durante este ano.
Este documento explicativo do traballo realizado no ano 2016 polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) xunto cos traballos futuros deben enmarcarse no mandato legal que encarga ao Issga a xestión e a coordinación que nas distintas disciplinas preventivas (seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e medicina do traballo) estableza a Xunta de Galicia para a mellora das condicións laborais co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo.
No ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia resulta imprescindible dispoñer dunha estratexia de seguridade e saúde no traballo que desenvolva coherentemente e de xeito coordinado as políticas e as actuacións en materia de prevención de riscos laborais que se exercen no noso territorio, de acordo co marco normativo e competencial existente.
Consonte á súa normativa reguladora, o Instituto desenvolve a súa actuación mediante un plan anual de actividades, como instrumento fundamental para dar cumprimento aos fins e desenvolver as funcións que lle son propias, no marco da estratexia que nesta materia adoptan os poderes públicos de Galicia.
É obxecto do plan anual o deseño e a priorización de accións e medidas que se dirixen á promoción, información, formación e seguimento e control en materia de seguridade e saúde laboral.
Esta informe, ademais de para o cumprimento do disposto nos artigos mencionados, evidencia a total transparencia nos obxectivos, nas actuacións e nos resultados acadados, a transversalidade das funcións atribuídas ao Issga polo seu labor de coordinación con outras unidades administrativas e a participación dos axentes sociais enmarcada no consenso recollido na Estratexia de prevención de riscos laborais 2011-2014, froito do Diálogo Social en Galicia.