Plans e Memorias

Informe de actuación e xestión_2018

Este documento explicativo do traballo realizado no ano 2018 polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) dá resposta ao mandato contido no artigo 13 da Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto, que dispón a obriga de que con periodicidade anual se elabore unha memoria de actividades da que se dará conta ao Parlamento de Galicia para os efectos de control por parte deste organismo. De igual xeito, o artigo 37 dos estatutos do Instituto, aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro, establece a elaboración dun informe xeral anual de actuacións e xestión en que se reflicta con claridade as actuacións desenvolvidas no exercicio precedente.

Plan de actividades 2019

O obxecto do plan anual o deseño e a priorización de accións e medidas que se dirixen á promoción, asesoramento técnico, formación, información e seguimento e control en materia de SST, no 2019 adquire especial relevancia por estar no ecuador da vixencia temporal da estratexia galega e polo tanto reforzar aqueles aspectos nos que non está desenvolvida integramente e na medida que corresponden ao ISSGA.

Informe de actuación e xestión_2017

Esta informe, ademais de para dar cumprimento do disposto nas normas mencionadas, evidencia a total transparencia nos obxectivos, nas actuacións e nos resultados acadados, a transversalidade das funcións atribuídas ao Issga polo seu labor de coordinación con outras unidades administrativas e a participación dos interlocutores sociais.

Plan de actividades 2018

Este plan de actividades ten por obxecto determinar os obxectivos principais e as actuacións a desenvolver polo ISSGA durante o ano 2018, cunha dobre finalidade:

a) Por unha banda, servir de guión ao Instituto sobre as accións a desenvolver durante o ano 2018.

b) Pola outra, dar a coñecer coa máxima transparencia a todas as persoas e entidades interesadas as accións que o Instituto pretende desenvolver durante este ano.

Informe de actuación e xestión 2016

Este documento explicativo do traballo realizado no ano 2016 polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga)  xunto cos traballos futuros deben enmarcarse no mandato legal que encarga ao Issga a xestión e a coordinación que nas distintas disciplinas preventivas (seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e medicina do traballo) estableza a Xunta de Galicia para a mellora das condicións laborais co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo.

Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo [2017 – 2020]

No ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia resulta imprescindible dispoñer dunha estratexia de seguridade e saúde no traballo que desenvolva coherentemente e de xeito coordinado as políticas e as actuacións en materia de prevención de riscos laborais que se exercen no noso territorio, de acordo co marco normativo e competencial existente.