Programa ABOIA


O programa Aboia é unha das actuacións postas en marcha dentro do Plan Vixía, de Prevención de Riscos Laborais para o sector pesqueiro.

Trátase dunha proposta de traballo para dotar a un número determinado de mariñeiros da Pesca de Baixura e Acuicultura de Ría, dun chaleco autoinflable que sirva para espertar entre todas as tripulacións das Confrarías e Asociacións de Armadores implicados no mesmo, un sentido proactivo en canto á seguridade, e así mesmo, serva de escaparate diante do resto de poboación traballadora do mundo do mar e permita e provoque a súa utilización habitual en toda a flota.