Plan de Prevención de Riscos Laborais no Sector Pesqueiro


O sector pesqueiro galego mostra un colectivo que representa á maior flota pesqueira de España. Os datos en materia de prevención de riscos laborais mostran unhas altas cifras de sinistralidade laboral, unha deficiente xestión na prevención de riscos laborais, escasos programas específicos para o sector. Conscientes desta realidade de deseñou, programou e puxo en marcha ao "Plan Vixía" de prevención de riscos laborais para o sector pesqueiro, que foi presentado nun congreso realizado na Estación Marítima de Vigo os días 22 e 23 de xuño de 2007.

Os obxectivos deste plan pódense resumir nos seguintes puntos:

- Mellorar os hábitos laborais dos profesionais do mar e o uso de materia e equipos de traballo.
- Implantar unha concienciación preventiva no sector.
- Abordar modelos preventivos específicos diferenciando as distintas actividades levadas a cabo no mar.
- Impulsar modelos de xestión preventiva axeitados para o sector, como poden ser os servicios de prevención mancomunados.
- Aumentar o grado de coñecemento da situación sociolaboral do sector marítimo-pesqueiro e establecer os medios precisos para o seguimento continua da situación.
- Velar polo cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais nacional, comunitaria e internacional no sector marítimo-pesqueiro.

As actuacións para acadar a implantación real destes obxectivos son as de sensibilización, formación e asesoramento técnico en prevención de riscos laborais (cursos, xornadas técnicas, seminarios,...), realizados en colaboración coas organizacións representativas do sector, así como a dotación de medios materiais de seguridade e salvamento nos casos que se considere necesario.

O ISSGA realizará actuacións coordinadas con outras administracións con competencia no sector, como a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, Capitanías Marítimas, ISM e distintos organizacións (confrarías, armadores, sindicatos, etc.).

Os equipos de control especializados do "Plan Vixía" estarán formados por un inspector de traballo e seguridade social e por un técnico de prevención de riscos laborais do ISSGA, que son os encargados de realizar as inspeccións a bordo dos buques no que se refire ás condicións de seguridade e saúde.