Campaña Moitollo de sensibilización da prevención de riscos laborais na poboación escolar


En materia de seguridade e saude no traballo, a educación e a prevención son dous factores clave para manter e mellorar a calidade da presentación laboral. Diversos estudos realizados pola Unión Europea, a través da Axencia para a Seguridade e Saúde Laboral, establecen como prioridade da acción preventiva a divulgación da prevención dos riscos laborais, non só entre os traballadores/as e empresarios/as, senón tamén entre a sociedade en xeral, intentando incidir especialmente na xente nova.

Temos a obriga de inculcar dende moi pequenos aos nosos fillos, futuros traballadores e traballadoras, a importancia clave e vital da prevención dos riscos laborais.

Por iso se puxo en marcha unha campaña de sensibilización sobre a prevención de riscos no traballo, dirixida prioritariamente aos alumnos e as alumnas de educación primaria e secundaria, co obxectivo de espallar e inculcar nestas idades a "vocación" preventiva para que actúen de correo de transmisión desta concienciación cara aos seus maiores.

A campaña leva o nome de MOITOLLO! e trata, en definitiva, de concienciar á Comunidade Educativa galega dun xeito ameno e divertido sobre a importancia da prevención e os riscos dos accidentes no traballo.

Esta campaña ten como fío conductor unha mascota, un ollo que sempre está atento ás situacións de emerxencia que se poidan producir na vida cotiá e, polo tanto actúa previndo estas situacións e facilitando a solución adecuada a cada risco que se xera en cada momento.

A campaña comezou en setembro de 2006 e consta de tres elementos fundamentais:

  • Carteis, folletos divulgativos e elementos publicitarios, cos que se pretende chegar a todos e cada un dos escolares galegos, como un primeiro paso para a súa sensibilización.
  • Un autobús divulgativo que ofertará diversas actuacións de prevención de riscos laborais dun xeito chamativo. Ademáis, estará preparando cunha sala de vídeo-proxección onde se proxectará una película en tres dimensións sobre a importancia da prevención dos riscos laborais adaptadas ás idades dos participantes na campaña.
  • Un video promocional que se proxectará no autobús, en formato de tres dimensións, para transmitir dun xeito áxil e divertido a necesidade de tomar medidas de protección de riscos da prestación laboral.

A campaña completarase coa distribución de diversos elementos de carácter promocional co obxectivo fundamental de que a idea da prevención non sexa unha actuación puntual senon que poida ser sentida como xeito de vida constante.