Campañas

Información sobre o risco químico: cambios na etiquetaxe e na FDS

A etiqueta constitúe a primeira fonte de información sobre un produto químico. O considerar e clasificar unha substancia ou unha mestura de substancias químicas como perigosa ven determinado regulamentariamente. Igualmente ven determinado por lexislación o envasado e etiquetaxe dos produtos químicos perigosos.

Campaña para previr a fatiga na condución

O ISSGA colabora co RACE e ANFABRA nunha campaña para fomentar os hábitos saudables ao volante entre os traballadores galegos.

• A campaña conta con materiais que se distribuirán entre as empresas, así como un soporte de formación en liña a través da Academia do Real Automóvil Club de España (RACE)

• Inclúe a distribución de 10.000 dípticos informativos, así como a celebración de 100 cursos de formación en liña en materia de seguridade viaria para responsables de prevención de riscos nas empresas

• A fatiga provoca unha diminución de atención ao volante, aumenta nun 86% o tempo de reacción ante un obstáculo e fai que se deixen de ver o 40% dos sinais

• Tomar uns minutos de descanso, estirar as articulacións ou beber un refresco poden previr os sinistros na condución
 

Portada do xogo

Plan de Sensibilización da prevención de riscos laborais na poboación escolar

A aplicación educativa multimedia "O libro máxico de Moitollo" promovida pola Xunta de Galicia, ten por obxectivo fomentar entre a mocidade a cultura preventiva como unha opción de vida, así como impulsar a utilización das novas tecnoloxías.
 

Esquema de posición correcta ante o ordenador

Prevención de TME e sobreesforzos

Dentro do plan estratéxico para a Prevención de Riscos Laborais en Galicia 2006-2010, defínese un conxunto de medidas para mellorar as condicións de seguridade e saúde nas empresas e reducir a sinistralidade laboral. Por outra parte na lei 14/2007 entre as funcións que o seu artigo 4º define para o ISSGA figura a de: analizar, investigar e avaliar as causas e factores determinantes dos riscos laborais, accidentes de traballo e enfermidades profesionais, establecendo un carácter sectorial e territorial, abordar o seu estudo preventivo e propoñer, se é o caso, medidas correctoras.

Campaña de prevención de riscos laborais por sobreesforzo. Comercio e hostalaría.

Os profesionais do sector hostaleiro e do comercio da provincia de Pontevedra vanse beneficiar dunha iniciativa orientada a favorecer actitudes máis ergonómicas no desenvolvemento do traballo e a adoptar medidas preventivas para evitar as lesións producidas por sobreesforzos.
 

Gripe A

A actual pandemia causada por este novo tipo de virus da gripe constitúe un problema se saúde pública e corresponde ás autoridades sanitarias dirixir e ditar as pautas concretas de actuación en cada momento e nas diferentes situacións, e por iso debemos estar ao tanto das súas recomendacións e protocolos de actuación.